sábado, 22 de noviembre de 2008

Mirada...


Hace un par de días, concretamente el miercóles este blog cumplía su primer añito, hoy le ha empezado a salir su primer diente...

Comenze por mi necesidad de soltar todo lo que llevo dentro, de expresarme, de escribir, de contar a ojos que no me conocen lo que me pasa, de escapar de mí y de encontarme,...
Últimamente no me apetece escribir tanto como antes, sólo en libretas guardadas para mí, en confidencias conmigo misma... ojos q me conocen me han descubierto y siento que mi libertad no es del todo libre...

Tú si que sabes...







Os dejo su blog: http://www.leopoldoabadia.blogspot.com/ Buenísisisimo

sábado, 1 de noviembre de 2008

O Samaín

A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos defuntos, marcando a transición do outono ó inverno, nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, provintes da noite dos tempos, cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos, buscou, e encontrou un mecanismo de reparación: preparando alimentos e agasallos os parentes vivos, para os parentes mortos, sería posible que as ánimas dos parentes finados voltasen a visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para comer nas mesas e para quentarse ao carón do lume da lareira.

O samaín (Samhain en gaélico) é unha festividade de orixe
celta, a máis importante do periodo precristiano. Celebra o comezo do novo ano, que comeza coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso de un ano a outro) como de apertura ó outro mundo. Existe dende fai 3000 anos nos pobos celtas de Europa, en Galicia, algunhas zonas de Asturias (máis ben relacionado cól mito da Güestia), en Irlanda e distintas zonas de Gran Bretaña.

A antiga festividade céltica do samain foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.A festa do samain, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados frotando pólas de serbal e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.

Polo samain era costume baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.